Esta tarde tivo lugar a presentación da candidatura para as vindeiras eleccións municipais da plataforma cidadá lucense Lugonovo. O evento tivo lugar na Ponte Romana lucense á que acudiron tódolos integrantes da mesma e numerosos medios de comunicación.
O alcaldable da formación, Santiago Fernández Rocha, explicou que esta lista está confeccionada de maneira plural, froito dunhas eleccións primarias e dunha asamblea celebradas dentro de Lugonovo.
Ao respecto do programa electoral que está practicamente rematado e que a vindeira semana será presentado públicamente, Fernández Rocha sinalou que recollerá a intención de desenvolver políticas sociais encamiñadas a dignificar as condicións de vida de toda a veciñanza, o impulso da colaboración con outras entidades para o desenvolvemento de proxectos económicos sostibles e a creación dun programa cultural, secuenciado no tempo, que potencie o patrimonio da cidade.
Asemade, explicou que dende Lugonovo traballarán para construír unha maioría social que participe no deseño de novas políticas municipais que esixan a “máxima transparencia na xestión local, en base á elaboración dun corpo normativo que impida as prácticas corruptas e clientelares”.
Santiago Fernández Rocha:
Lista de Lugonovo para concorrer as eleccións municipais do 24 de maio:
-
Santiago Fernández Rocha – Mestre
-
Cristina Pérez Herraiz – Funcionaria do SEPE
-
Iñaki García Gómez – Funcionario de Educación
-
Mª Soledad López Ares – Psiquiatra Xubilada
-
Xabier I. Villares Naveira – Economista
-
Victoria Estéban Riesco – Mestra
-
Elías Pérez Sánchez – Profesor
-
Víctor Andrés Álvarez Arias – Funcionario Medio Rural
-
Xohán Rompe García González – Xubilado
-
Matilde Quiñoá Iglesias – Licenciada Dereito – Cooperante
-
Francisco Rodríguez Lestegás – Profesor USC
-
Jose Ángel Leal González – Músico
-
Xose Manuel Saa Vázquez – Activista
-
Silvia Pascual Estepa – Traballadora Sector Servizos
-
Silvia Gutiérrez González – Filóloga
-
MªCarmen Tizón Estévez – Profesora
-
María del Carmen Galván González – Activista
-
MªCarmen Flores Ferreiro – Traballadora Social
-
Paulo Grandío Montes – Biólogo
-
Xose Manuel Fernández Varela – Avogado
-
Xoán Carlos Carreira Pérez – Profesor USC
-
Neves Núñez Delgado – Empresaria
-
Xose Anxo Lage Suárez – Funcionario
-
Bernardino Pardo Teijeiro – Médico
-
Zita Méndez Fernández – Médico
SUPLENTES
-
Juan Antonio Lázare Vázquez – Traballador sector automóbil
-
MªEsther Neira Ferreiro – Técnico Superior de Riscos Laborais
-
Jesús Ángel Gómez Vázquez – Activista