Candidatos de Lugonovo presentaron esta tarde o programa de Medio Ambiente, no local de ADEGA. No transcurso do mesmo foise desmenuzando punto por punto as aportacións das distintas alternativas que propón Lugonovo.
O Río Miño e as zonas verdes foron os temas onde se produciu máis debate. Entre as propostas cabe suliñar:
Ampliación de zonas verdes nas prazas públicas.
Recuperación de solares abandonados mediante a figura da ” custodia”
Realizar melloras no Parque Rosalía mantendo a súa estrutura e valor arquitectónico
Favorecer de uso público as augas termais do Balneario
Catalogación dos bens naturais e etnográficos para a súa protección.
Os membros de ADEGA propuxeronlle aos integrantes de Lugonovo unha serie de obxetivos que consideraron de grande importancia, como son:
A paralización do proxecto da rolda Oeste-Este, asi como a rolda que unirá o Hula coa rotonda do fondo da Avda. Madrid, por ser ambas as dúas innecesarias e de gran impacto ambiental.
Houbo coincidencia de criterios na creación dun carril bici Norte-Sur, tal e como propón Lugonovo aproveitando para elo as posibilidades que ofrece a Avda Duquesa de Lugo e o paseo do Rato.
Outro dos puntos que se estudiou foi a potenciación e promoción que o Concello de Lugo debe liderar para a recuperación do Camiño Primitivo, que se atopa nestes intres absolutamente abandonado.