Cargos electos, militantes e simpatizantes de Lugonovo, plataforma cidadá que acadou nas pasadas eleccións municipais 3 concelleiros

Lugonovo presenta una moción para darlle uso á vella residencia

A plataforma política Lugonovo anunciou na tarde de hoxe a presentación dunha moción encamiñada a dotar de novas funcións  o antigo edificio  Materno-infantil e a antiga Escola de Enfermería, que formaban parte do antigo Hospital Xeral de Lugo para o seu debate no vindeiro Pleno Municipal. Entre outros puntos Lugonovo pretende debater a situación dun centro de saúde no antigo Materno-infantil, que segundo afirma Santiago Fernández Rocha, Portavoz de Lugonovo, “resolvería os problemas de crecemento do Centro de Saúde da Milagrosa, moi masificado neste intre e sen a estrutura interna axeitada para absorber o devandito crecemento”.

Doutra banda sinalan que o PAC de Lugo, situado no centro de Fingoi, non dispón de apoio de radioloxía, “equipamento que nos parece fundamental para o correcto funcionamento diste servizo. Somos coñecedores tamén que esta localización do PAC dificulta o crecemento do Centro de Saúde devandito, así como a ampliación dos novos programas asistenciais”, sinalou Fernández Rocha. Asemade sinalan que “hai en funcionamento unha unidade de fisioterapia na rúa García Portela, local tamén alugado á Tesourería da Seguridade Social, que podería instalarse no Materno infantil”. Tamén piden que a vella Escola de Enfermería quede baleira para situar os servizos da Policía Nacional “que demanda con urxencia un novo edificio”.

Por todo isto, a plataforma pide ao Concello de Lugo que inste á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e ao Ministerio do Interior, a realizar todos os trámites oportunos para situar no antigo Materno-infantil e na vella Escola de Enfermería estes servizos.

Doutra banda, o grupo de concelleiros de Lugonovo, presentou una moción relativa á crise do sector lácteo e outras medidas vinculadas ao mundo do rural.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Xose Manuel Vázquez
    Xul 23, 2015 - 03:56 AM

    Antes de solicitar que quede baleira a escola de enfermeria, na que se atopa agora unha unidade de saude mental mais o hospital de dia, coido que seria importante que se falara coa xente desa unidade posi tamen ten ideas para o uso da antiga residencia sanitaria.
    Por outra banda a unidade de saude mental e o hospital de dia desa unidade precisan dunha ubicación centrica (a que ten agora é idonea) para dar o seu servicio a certos enfermos que se desplazan e reciben o seu tratamento nesa unidade permanecendo nela toda a mañan e parte da tarde. Enfermos estos varios deles sin recursos e que acuden a unidade a pe é en moitos casos non dispoñen de recursos para acudir a esa unidade si fose ubicada noutro sitio lonxe da cidade como o novo hospital.
    E necesario un uso para a antiga residencia que dinamice o barrio pero no se ten por que pedir que se desaloxe o se vaian otras unidades que estan usando dependencias do antigo complexo sanitario. Antes de suxerencias asi conven consultar as partes implicadas.
    Ademais para a comisaria de policia podense buscar outras ubicacion mellor situadas que permitan unha mellor comunicacion e mais rapida con todalas zonas da cidade e que permitan o crecemento tamen que necesite dita comisaria.
    Grazas e non vos pido resposta pero si que o antes posible faledes con responsables desa unidade que vos poidan dar as suas suxerencias.
    Unha desas responsables en concreto da unidade que leva o hospital de dia é Maria Jsesus Vázquez Carreira e quedo a vosa disposicion si queredes para poñervos en contacto con ella.
    Saudos e animos na vosa laboura.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com