Lugonovo presentará unha iniciativa para revisar os pasos de peóns

Os atropelos que se produciron nas últimas semanas na cidade, así como os accidentes de tráfico con viandantes involucrados, fixeron que Lugonovo se dispoña a presentar unha iniciativa diante do goberno municipal para atallar esta sinistralidade. Segundo Lugonovo “as causas da vulnerabilidade dos e das camiñantes son, por un lado, a inapropiada colocación de moitos pasos de peóns, situados en localizacións pouco axeitadas e, por outro, a situación dos lugares de aparcamento inmediatos aos mesmos, que restan visibilidade e incrementan considerablemente o perigo destas zonas de paso”.

“Os pasos de peóns deben asegurar un cruce fiable e seguro para os e as camiñantes, e en moitos casos esta seguridade vese mermada considerablemente co estacionamento de vehículos de grande tamaño nas prazas de aparcamento previas á zona de cruce, co que un vehículo que circule pola vía á velocidade máxima permitida  teno moi difícil á hora de evitar un atropelo se un peón lle aparece cruzando o paso correspondente”, continúa. Un caso paradigmático deste tipo de problemas é a rúa Montirón, atopándose ademais agravado pola existencia dun centro escolar nesa área, mais o certo é que esta situación se repite en moitas vías da cidade, facendo de Lugo un núcleo urbano perigoso para os e as viandantes”, remata.

En base a isto, dende o grupo municipal Lugonovo achegaran ao Goberno un rogo de cara ao pleno do mes de marzo, no que lle pediram unha revisión exhaustiva dos pasos de peóns, co fin de detectar aqueles que poidan supór un perigo para os e as camiñantes, e actuar en consecuencia.,

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com