Lugonovo presentou á Confederación de Empresarios Lucenses o seu Proxecto de Cidade

Lugonovo presentou onte á Confederación de Empresarios o seu proxecto de cidade. O alcaldable, Santiago Fernández Rocha, e Bernardino Pardo Teijeiro explicaron polo miúdo os puntos básicos do programa da plataforma cidadá.

“O Campus Universitario e as potencialidades endóxenas, coma o turismo, a gandería e o sector forestal, deben ser os piares do desenvolvemento do Concello de Lugo. Un proxecto de cidade ten que transcender aos partidos”, sinalou Fernández Rocha.

“En Lugonovo pensamos que outra das pontencialidades que Lugo debe aproveitar é a súa situación estratéxica na Eurorexión Norte de Portugal e zona Cantábrica, polo que apostamos por un Centro de Acollida e Loxístico para os transportistas que utilizan esta ruta”.

Deste xeito, propoñen unha zona controlada para os condutores de camións, aproveitando o Polígono das Gándaras, onde poidan descansar, facer tarefas de mantemento, aseos e instalacións complementarias. “Este proxecto posibilitará a creación de postos de traballos e empresas complementarias”.

Así mesmo, neste encontro, os empresarios lucenses pediron a Lugonovo un compromiso á hora de defender unha Cámara de Comercio Lucense con dotación orzamentaria propia. Reducir a burocracia do Concello e os tempos de resposta nos trámites que se fan os cidadáns, son outras das demandas da CEL.

Xa hoxe, Cristina Pérez Herraiz, número 2 da candidatura, Xabier Villares nº 5 e Paulo Grandío nº 19 mantiveron unha xuntanza cos veciños do edificio de Garabolos, os cales  manifestaron o seu total desacordo “ca forma altamente electoralista de xestionar as súas incidencias”, poñendo como exemplo a instalación dos novos contenedores hoxe mesmo e a adaptación da praza de parking para persoas con discapacidade pintada tan so hai dúas semanas.

Pola súa parte Cristina, manifestou que Lugonovo fará este tipo de xuntanzas de forma periódica e non cada catro anos xusto antes das eleccións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com