Lugonovo propón a revisión de todas as concesións que están en vigor no Concello

O grupo municipal Lugonovo afirmou esta mañá que “é o momento oportuno de revisar o regulamento da zona ORA e adaptalo ás verdadeiras necesidades dos lucenses”. Dende Lugonovo propoñen asemade outro tipo de medidas a fin de mellorar a calidade de vida na cidade, como pode ser a de ofrecer aparcamento gratuíto durante un período de tempo limitado naquelas zonas nas que se atopan edificios públicos para facilitar o estacionamento.

“Agardamos que tras esta suspensión cautelar, e chegado o momento de recuperar a posta en marcha do sistema, este non volva a converterse nunha ferramenta de recadación senón que o faga cunha verdadeira vocación de servizo público. Dende Lugonovo propoñemos a súa remunicipalización como fórmula contra a política de privatización dos servizos, xerme de tódalas corruptelas, así como o inicio da revisión de tódalas concesións que, neste momento, están en vigor no Concello de Lugo”.

Lugonovo instan ao equipo de goberno a que faga unha xestión “responsable para que esta anulación non teña consecuencias económicas para as arcas do concello e a que priorice e trate de garantir o futuro laboral dos traballadores da empresa”.

Sinalan que están de acordo co fondo da suspensión “aínda que non coa forma na que se levou adiante, nin ca oportunidade do momento que trata de desviar o debate público da operación Garañón na que se atopan imputados tanto o anterior alcalde e o ex presidente da Deputación. Por último, Lugonovo solicita á alcaldesa “unha maior transparencia e que, nos vindeiros pasos a dar neste asunto, teña en conta ao resto dos partidos da corporación”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com