Lugonovo propón pasos de peóns elevados para reducir os atropelos

Ante o elevado e preocupante número de accidentes que se rexistran na cidade, o Grupo Municipal Lugonovo propón a instalación de pasos de peóns elevados ou redutores de velocidade naquelas rúas susceptibles, polas súas condicións, de admitir este tipo de infraestruturas

Lugonovo insta ao goberno municipal, a elaborar un estudo de viabilidade para determinar en que rúas da cidade sería adecuada a colocación destes pasos, para que os condutores respecten as limitacións de velocidade ao aproximarense aos pasos de cruzamento con precaución”.

Do que se trata, continúa Lugonovo, “é de investir en medidas eficaces que non causen prexuízos a ningún sector da cidadanía. É unha realidade que a sinalización existente non é suficientemente para diminuír o número de accidentes ante o feito de que os condutores só pisan ó freo nos puntos onde están situados e logo volven a acelerar ignorando as limitacións”.

Asemade o portavoz do Grupo Municipal, Santiago Fernández Rocha, apuntou tamén que “a colocación destes pasos elevados débense situar tamén en  emprazamentos como a entrada de colexios e institutos, centros ambulatorios ou avenidas de moito tránsito como é a de Ramón Ferreiro”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com