Lugonovo propón peonalizar as rúas Ortega y Gasset e Isaac Díaz Pardo no día sen coches

Lugonovo propón a peonalización de dúas rúas da cidade este xoves, con motivo da celebración do día sen coches. Trátase do último tramo de Ortega y Gasset, dende a Praza da Liberdade ata o inicio de San Roque e dos primeiros metros de Isaac Díaz Pardo (no barrio de Recatelo) ata a confluencia con Avelino Pousa Antelo e Villa de Sarria.

O voceiro da formación, Santiago Fernández Rocha, salienta que se trata de “dúas vellas demandas veciñais” ao seren “dúas vías ateigadas de turismos que aparcan mal, invadindo as marxes das beirarrúas sen deixar, sequera, espazo libre para camiñar”.

“Pensamos que unha data coma esta é o momento idóneo para comprobar qué ocorrería si se eliminase definitivamente a circulación nestes puntos da capital, nos que cabe recordar, os coches poden atopar traxectorias alternativas”, resume Rocha.

Ademais, os edís da formación destacan que, ao seu entender, este volve ser un caso de “completa improvisación por parte do equipo do goberno” posto que, a dous días da celebración, aínda non comunicou cales serán os actos oficiais que ten previsto organizar.

“Xa perdemos a conta do número de veces que o executivo transmite esta sensación de estar esperando ó último momento para facer os deberes. E neste caso ademais, queremos poñer de manifesto que a súa despreocupación pola mellora da sustentabilidade local é absoluta: nada se fixo por poñer en marcha os aspectos máis asumibles que inclúe o Plan de Mobilidade no que o investimento público que se adicou vai camiño de converterse nun derroche pola escasa aplicación que está tendo”, engade o voceiro da formación,

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com