Aforro, municipalización e transparencia.”Esos son os tres eixes sobre os que pivota a eficacia da xestión das arcas locais para o Grupo Municipal Lugonovo”. Os seus concelleiros consideran que cando o marco legal non deixa marxe para o público, “ningunha escusa xustifica que os outros dous valores non sigan a ser esixibles para a Administración, incluso en maior medida e como garante de que a privatización non é sinónimo de corrupción nin favorece intereses persoais, como tantas veces ten acontecido e este Concello non escapa da sospeita”.
Segundo o seu portavoz, Santiago Fernández Rocha, “Lugo leva anos asistindo e sufrindo a externalización da maioría dos seus servizos ó que hai que engadir un baleiro informativo sobre o desenvolvemento dos propios contratos e do cumprimento dos mesmos. Unha relaxación, por parte do executivo, taninexplicable como neglixente e que deixa en evidencia a efectividade dos actuaismecanismos de supervisión e control sobre as concesións que, en vigor ou non,seguen a operar practicamente sen fiscalización ningunha”.
“Esa deficiente vixilancia tradúcese na insatisfacción dos usuarios dalgúns deses servizos e resalta que a privatización sen control alenta que algunas das empresas que se fan cos contratos rematen operando con total anarquía”. Os edís de Lugonovo entenden que a cesión da xestión dun servizo público a un terceiro “non pode eximir ó Concello da súa responsabilidade á hora de garantir que éste se desenvolva con eficiencia e nas mellores condicións para a cidadanía” e por eso instarán á Corporación, cunha proposión a que o goberno adopte políticas responsables que deriven nun maior seguimento e conleven o respecto estrito dos pregos que se estableceron no momento da sinatura dos convenios.
“Propoñemos que o técnico responsable de cada área, despois de efectuar as correspondentes inspeccións e recibir os informes oportunos, elabore un documento de avaliación sobre o cumprimento dos obxectivos fixados e a calidade dos servizos prestados e que, ademais, as conclusións deses informes se expoñan, cada seis meses, na Comisión Especial de Contas, Desenvolvemento Económico, Protección da Comunidade, Concello e Cidadanía ou ben no propio Pleno, se así se considera, mellorando tamén a participación e a transparencia”.
Doutra banda, o Grupo Municipal Lugonovo anima á poboación a apoiar, á través das distintas redes sociais, a candidatura de Lugo na segunda edición da campaña “Destino Turístico Accesible”. Un certame que persegue recoñecer o traballo que están levando a cabo os municipios por impulsar un turismo sen barreiras e ó que poden contribuir os veciños e veciñas deixando o seu voto a favor da proposta local.
Neste senso, o portavoz de Lugonovo, Santiago Fernández Rocha, quere recordarlle tamén ó Concello “o compromiso que acadou a Corporación no último Pleno, a instancias deste Grupo Municipal, para traballar en prol da supresión de barreiras arquitectónicas na cidade, de promover a colaboración e sensibilización entre os empresarios e hostaleiros e de publicitar Lugo como destino turístico entre as persoas con diversidade funcional mellorando tamén a proxección dos nosos recursos no exterior”.
“Xeográficamente contamos co privilexio de ser a porta de entrada do noroeste peninsular, unha vía pola que chegan miles de visitantes ós que temos moito que ofrecer e moitos reclamos cos que tentar. Lugo fixo no seu día grandes esforzos por aumentar a súa accesibilidade pero ese traballo tense que retomar xa para aproveitar as potencialidades das que gozamos como referente mundial nesta materia. Por iso instamos ó equipo de goberno a que cumpra cos acordos ós que chegamos no Pleno sen perder nin un minuto máis”.
Cómpre recordar que só en España residen máis de tres millóns oitocentas mil persoas que padecen algunha discapacidade, unha cantidade que se eleva a cento corenta millóns en Europa e a cincocentos millóns no mundo.
Asemade, Lugonovo ven de rexistrar un rogo para que o Concello apoie a Marcha Estatal Contra a Violencia de Xénero que se celebrará en Madrid o vindeiro 7 de novembro e, coincidindo co acto, pendure da fachada do consistorio unha pancarta violeta co lema “Contra a Violencia Machista”; un xesto que tamén, pide, se repita anualmente cada 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia cara ás Mulleres.
Out 17, 2015 - 10:11 AM
“Non parece lóxico que poidas contratar a unha empresa con millóns de euros e non poidas contratar persoal”. Eso lo dijo Santín y tiene toda la razón.
Luego ocurre que hay que pagar horas extras millonarias a ciertas personas para que salga el trabajo. Cuando con ese dinero se podían crear puestos de trabajo. Eso también necesita ser revisado. sr. Rocha. Quien se lleva el dinero de todos los trabajadores municipales???’
Out 17, 2015 - 10:00 AM
Me parece muy coherente todo lo que dice el sr. Rocha. Está dando una lección de coherencia a algunos políticos de la oposición en el Ayuntamiento.
Él y su gente sin algarabías, apoyan a la Alcaldesa conocedores como son de los problemas para gobernar con toda la oposición en contra. La gende del Psoe parecen sensatos y trabajadores. Se merecen una oportunidad de todos. Del PP nadie la espera, pero del resto si. Estas actitudes son las que los ciudadanos valoramos en los partidos politicos. La Alcaldesa se encuentra de repente con un Ayuntamiento contaminado, tanto en lo organizativo como en lo económico. Es muy dificil cambiar todo de repente, pero según algunos se están dando pasos importantes. La enfermedad en el Ayuntamiento de Lugo llegaba hasta el Personal y quien lo dirigía. Si la organización falla tambien falla el control sobre las contrataciones a las que se refiere el sr. Rocha. Las empresas campan a sus anchas por medio de los trabajadores del Ayuntamiento, algunas dan órdenes y forman a los trabajadores municipales. Todo eso con el consentimiento de algunos funcionarios responsables de los departamentos……….Esa es la forma en la que hasta lo de ahora se trabajó en el Ayuntamiento. No hay quien controle a los controladores. Bienvenido sr. Rocha. Gracias por el sentido común. Cuanta falta hacía.