Lugonovo quere un acto institucional en defensa do galego

Lugonovo solicita que o goberno local loite para non dar pasos atrás na defensa da nosa lingua, e neste obxectivo sempre contará co seu apoio. Por esta razón “apoiamos sen ningún xénero de dúbidas o recurso ante o Supremo, e instamos ao Executivo a impulsar unha declaración institucional e á convocatoria dunha concentración diante do Concello, todo iso na defensa do Galego”.

O argumento de Galicia Bilingüe de que “o Castelán se ve afectado pola ordenanza municipal reguladora do uso do Galego (aprobada no 2012 por unanimidade) parécenos teimoso e interesado, xa que non se pode falar de que unha língua estea en situación de inferioridade cando o seu uso é predominante en prácticamente tódolos ámbitos da sociedade”. Neste sentido, a anulación por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de tres artigos e outros apartados da devandita ordenanza, parecelle a Lugonovo  “un retroceso na defensa da nosa língua e cultura”.

Sen dúbida o Galego é o gran patrimonio do pobo galego, que foi quen de crear unha nova lingua a partir do latín común. Para a plataforma política  “é un elemento clave no artellamento da nosa identidade como Pobo. Polo tanto, é o noso dereito falalo e o noso deber coidalo, protexelo e defendelo”. Para Lugonovo é evidente que a ordenanza que regula o Galego no Concello non trata de restar dereitos ao Castelán, senón de defender e protexer o uso do noso idioma nunha situación de diglosia como está a padecer actualmente.

Dende Lugonovo entenden “que as Administracións Públicas deben garantir unha discriminación positiva do Galego, non só por ser a nosa língua, senón pola situación de debilidade na que se atopa por razóns fundamentalmente históricas. É evidente que na situación de desigualdade que existe no coñecemento e uso das dúas línguas, as medidas a tomar por parte dos organismos competentes deben ser aquelas que busquen restar esas diferenzas, e non perpetuar ou mesmo acrecentar ese estado de desequilibrio, como favorece o fallo do TSXG”, conclúen.

O BNG solicita a celebración dunha xuntanza de portavoces por mor da sentenza

Rubén Arroxo, voceiro do BNG,  contactou  pola súa banda coa alcaldesa, Lara Méndez para propoñerlle a convocatoria urxente para a celebración dunha xunta de portavoces na que se informe, a todos os grupos, sobre a sentenza do Tribunal Superior de Xutiza de Galiza en relación á ordenanza de uso do idioma.

Arroxo sinalou que “o acordo sobre a ordenanza foi unánime e a corporación ten que actuar de xeito conxunto” e lembrou que “entendemos que a ordenanza é aberta e respecta as liberdades individuais de uso do idioma, a verdadeira imposición é a que pretende facer este grupusculo que a través dos tribunais tenta modificar decisións democráticas dos representantes do pobo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com