Lugonovo reclama formación especifica en benestar animal para a policía local

Ante a chegada dunha nova etapa lecer co abandono de animais de compañía que adoita acompañar estas datas, Lugonovo presentará un rogo no Concello na comisión pertinente para reclamar que a Policía Local reciba formación específica en benestar animal.

Lugonovo entende que actualmente o corpo carece das competencias técnicas e metodolóxicas necesarias para afrontar un significativo aumento dos abandonos de animais de compañía. Esta eiva evidenciase tamén no descoñecemento cidadán de onde e a quen acudir ante a detección dun caso de abandono. Para Lugonovo, a mellor garantía que conxugue benestar animal e seguridade pública é unha acción municipal formativa para o corpo policial.

Esta acción require tamén dun esforzo formativo para posibilitar a detección temperá e a xestión de casos de abandono ou maltrato animal en Lugo. Lugonovo lembra que a lexislación galega contempla os dereitos dos animais perseguindo casos de abandono ou mutilación como infracción grave ou leve no caso de dispoñer de animais en condicións inadecuadas desde o punto de vista hixiénico e sanitario. Este tipo de infraccións precisa dunha resposta eficaz e rápida do corpo de Policía Local.

Lugonovo verifica a urxencia na implementación deste tipo de medidas no actual volume de abandono de animais en Lugo, cando a maioría dos servizos de lacería do Concello rematan coa recollida de algún animal doméstico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com