Lugonovo reclama que se pinte a Ponte da Estación

Os edís de Lugonovo solicitan o repintado urxente da ponte sobre a estación do tren. A infraestrutura presenta un estado “lamentable” que empeora aínda máis a imaxe de abandono da contorna.

“Non cremos que custe tanto adecentala cunha limpeza e darlle unha man de pintura, atendendo ao mesmo tempo unha vella reclamación dos veciños que leva anos esquecida polo goberno municipal”, indica o portavoz Santiago Fernández Rocha.

O voceiro da formación sinala que este é un lugar de entrada a cidade, de recepción, que “agora esixe un lavado de cara” e lembra a proposta feita por Lugonovo para instalar unha estrutura, a modo de marquesiña, que se prolongue dende a parada de bus, no fondo da rúa Montero Ríos, ate o final da ponte de Adolfo Suárez e que protexa da choiva e do vento aos peóns que, cada día, utilizan esta vía para dirixirse ao Sagrado Corazón.

“Está completamente exposta ás inclemencias meteorolóxicas”, explica Fernández Rocha, quen tamén destaca que “acolle moito tránsito xa que os residentes noutros puntos próximos empregan este itinerario para chegar aos centros educativos e de saúde sitos nesta parte da capital”.

 Do mesmo xeito, os edís do Grupo Municipal urxen a acometer, o máis axiña posible, a partida asignada dentro do Plan Paradai para revitalizar o barrio da Estación remodelando a Praza de Conde Fontao e aumentando a dotación de estacionamentos ademais de reformar a Calzada das Gándaras, “que agora mesmo adoece dunha intervención integral”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com