Lugonovo reivindica a frustración da cidadanía pola falta dunha praia fluvial en Lugo

O edil de Lugonovo, Iñaki García, mostra a súa frustración ante a situación que sufren os lucenses, que este verán tampouco contarán coa disposición dunha zona pública de baño no Río Miño. Inaki achaca isto a un mala planificación, xa que o executivo do goberno agardou a iniciar a tramitación para a creación dunha praia fluvial a finais do mes de marzo, polo que “coñecendo a dilixencia coa que operan as administracións, habería que ser moi iluso, para pensar que o procedemento xa estivera rematado en xuño”.

García Gómez relata, segundo as explicacións que recibiu ao respecto durante a Comisión de Desenvolvemento Sostible, que non foi ate o pasado día 12 cando o anuncio de competencia de peticións do Concello á Confederación Hidrográfica saiu reflexado no Boletín Oficial da Provincia.  “A partir de aí, ábrese un prazo de 30 días de exposición ao público que nos conduce irremediablamente a mediados de xullo. Así que, por moito que nos digan que os pregos técnicos xa están preparados, entre que se licita e se adxudica o servizo de aluguer, instalación e mantemento da devandita área, podemos estar comendo as uvas de Fin de Ano”, engade o edil.

Por último o concelleiro remarca que as demandas da cidadanía por esta cuestión non son novas. E que “o que vén de suceder reflicte de forma paradigmática a xestión ineficaz deste goberno que, tendo tempo suficiente para tramitalo, non foi quén de priorizar o proxecto nin tampouco de saber entenderse coa Confederación“.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com