Lugonovo renova a súa coordinadora “nun clima de consenso”

A Plataforma Lugonovo vén de renovara súa Coordinadora durante a Asamblea celebrada onte a noite. Mediante un comunicado, a formación sinalou que dita renovación tivo lugar nun clima de “absoluto consenso”.

A principal novidade estivo no método de elección, de forma que os tres concelleiros do Grupo Municipal pasan a constituírse como parte permanente do órgano mentres que os demais membros resultaron elixidos mediante acordo plenario.

Deste xeito, un total de 15 persoas integrarán o principal equipo de traballo da organización, que destaca, así, pola súa multidisciplinariedade atendendo aos diferentes perfís técnicos que acolle, entre os que cómpre salientar unha maior presenza dos compañeiros e compañeiras próximos á formación Podemos, presente en Lugonovo dende a súa creación.

A configuración da Coordinadora é a seguinte:

Patricia Carballal
Carlos Neira
Alba Díaz
Neves Núñez
Manuel Lourido
José Pérez “Josito”
Xabier Villares
Victoria Esteban
Paula González
Víctor Álvarez
Carmen Fernández
Adián Fuenteseca

E os concelleiros: Santiago Fernández Rocha, Cristina Pérez Herráiz e Iñaki García Gómez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com