Lugonovo satisfeito pola limitación do tráfico no tramo peonil da Ronda

O Grupo Municipal Lugonovo valorou “moi positivamente” que a partir do próximo luns se restrinxa o tráfico rodado no tramo da Ronda que vai dende Bispo Aguirre á Praza do Campo Castelo. Unha proposta que a formación xa fixera no pasado mes de setembro, coincidindo co inicio do curso escolar, cando denunciara que existía un “elevado número de vehículos que transitaban, en maior cantidade e a máis velocidade da permitida, pola saída peonil do colexio Maristas provocando situacións de perigo”.

O Grupo Municipal lembra que a súa proposta era máis ampla, incluíndo tamén a modificación da orientación dos bancos alí ubicados, “que agora ocupan a maior parte do espazo”, e das xardineiras o que permitiría “un maior fluxo de viandantes no entorno máis próximo á Muralla e o máis seguro tamén para camiñar”.

Unhas medidas que para os concelleiros da formación “axudarían a priorizar ao peón sobre os coches e que avanzarían na mellora da accesibilidade urbana en sintonía co Plan de Mobilidade no que, para a a formación, se artella o modelo de cidade que merece Lugo”.

“Trátase de poñer o espazo público ao servizo do cidadán, efectivizando o transporte colectivo, aumentando o carril bus, diminuíndo os vehículos en superficie, impulsando aparcamentos disuasorios nas entradas da cidade e o uso da bicicleta e convertindo, así, o Plan nun proxecto de futuro que contribúa á sostibilidade e a protección do medio ambiente, invertindo a situación actual”, engade o portavoz de Lugonovo, Santiago Fernández Rocha.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com