A candidatura de Lugonovo ao concello de Lugo segue a realizar diferentes accións, de cara a dar a coñecer a candidatura ás próximas eleccións municipais. Así mesmo seguen a manter encontros con diferentes colectivos lucenses.
Tres membros da candidatura: Cristina Pérez, Zita Méndez e Iñaqui García reuníronse con Xulio Xiz, Manuel Curiel, Eduardo Ochoa e Jesús Gisasola do Grupo Cinematográfico Fonmiñá, para saber das súas inquedanzas encol da próxima edición da Semana de Cine de Lugo, que organiza esta asociación. No transcurso da xuntaza os representantes de Fonmiñá solicitaron máis apoio para a mesma, aínda que son conscientes da situación na que se encontran as institucións para dedicar máis presuposto a este evento. Asemade indicaron que non so non se incrementan as subvencións, senón que cada ano baixan as cantidades e tardan máis tempo en abonárllelas. Con respecto a isto subliñaron que a día de hoxe aínda non recibiron o diñeiro da última
Semana de Cine, que se celebrou o pasado setembro, é dicir, nove meses despois de celebrada a Semana de Cine están a agardar pola libranza da subvención.
Asemade, dous dos candidatos da lista, o número cinco, Xabier Villares e o número dezanove, Paulo Grandío, explicaron na rúa da Raíña aos viandantes as propostas de Lugonovo para o goberno da cidade.