Lugonovo solicita a corrección da sinalización que leva á estación de tren

O Grupo Municipal Lugonovo solicitoulle ao Concello de Lugo esta mañá, a instalación dunha sinalización adecuada que oriente ós lucenses e aos visitantes, cara a Estación do Ferrocaril, e que corrixa a actual “tendo en conta que esta leva a engano e que, en máis dunha ocasión, ten provocado o extravío dos cidadáns”.

O seu portavoz, Santiago Fernández Rocha, califica de “falta de seriedade que as sinais da cidade non conteñan información verídica dos puntos de destino e quere por de manifesto as contradicións que están a provocar no caso dun punto tan estratéxico como é a Estación de Renfe”.

“Nestes momentos a sinalización dirixe ao transeúnte dende a Ronda da Muralla cara Montero Ríos e ó final da mesma unha mediana de pivotes impide ó acceso á Praza Conde de Fontao onde se atopan as instalacións ferroviarias. Nesa intersección o único que está permitido é continuar a  ruta rumbo Rúa Castelao, onde xa non hai ningún outro cartel. Isto é o que provoca desorientación e obriga ao peatón ou condutor a estar dando voltas continuamente de xeito equívoco”.

“Parécenos unha falta de rigor que un servizo tan importante coma éste non se atope indicado correctamente” e por iso, Lugonovo, pídelle ó equipo de goberno que reforce a sinalización e instale outro indicativo na rúa Castelao en dirección á Escalinata da Estación, continuando por Miguel de Cervantes cara a rotonda da Rúa Monforte.

Tendo en conta ademais que “na Ronda da Muralla non existe ningunha sinalización que permita ir con acerto á Estación, sería preciso ubicar alí outro cartel que dirixa cara a rúa Monforte e cremos que tamén sería convinte modificar a sinal que se atopa na confluencia de Montero Ríos con Fontiñas que é a que principalmente conduce a erro”, concluíu.

Pola súa banda, o concelleiro de Lugonovo, Iñaki García, denunciou “o estado de completo abandono no que se atopa o río Fervedoira (Rato) e as súas beiras ó seu paso polo núcleo de Galegos. Explica que a imaxe que ofrece a súa cunca, chea de maleza, dista moito dunha contorna acondicionada para o desfrute dos veciños que ven como a vexetación invade a pasos axigantados o camiño e as beirarrúas que rodean as súas vivendas.

“Consideramos que toda esta zona debera de estar protexida polo alto valor ecolóxico que ten e pola súa singularidade xa que se trata dun espazo natural de grande atractivo paisaxístico e, sen embargo, a deixadez das administracións competentes está favorecendo que se bote a perder para prexuizo non só dos residentes de Galegos senón tamén de toda a cidadanía”.

Dende o Grupo Municipal Lugonovo ínstase tanto á Deputación como á Confederación Hidrográfica a acometer, o antes posible, unha limpeza profunda así como o acondicionamento do leito fluvial e as súas marxes para evitar posibles riscos derivados da subida do nivel da auga en canto chegue a tempada de choivas.

“Os veciños quéixanse de que, dende que remataron as obras de remodelación, nunca se fixo ningunha outra intervención de mantemento. Dende Lugonovo, cremos que hai un límite entre o respecto á vexetación existente e o perigo que pode supoñer o seu crecemento incontrolado porque, agora mesmo, esta xa está a provocar molestias para transitar polos sendeiros limítrofes e pode favorecer ademais futuros atascos do caudal do río”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com