Lugonovo solicita ao concello a publicación dun bando

O Grupo Municipal Lugonovo solicítalle á alcaldesa a publicación dun bando que promova a concienciación cidadá e que inste aos veciños a respectar os espazos delimitados de aparcamento.

Segundo manifestan dende Lugonovo “A suspensión do contrato da Ora está a provocar certo caos na capital ante a falta de regulación do estacionamento”. Unha situación que se complica cando, ademais, algúns condutores, aproveitan esta ausencia de control, para aparcar fóra das zonas definidas. “Dende hai algúns días é frecuente ver coches nas paradas de carga e descarga ou do bus e mesmo invadindo prazas de minusválidos. Por iso, dende Lugonovo, pedímoslle ao Concello que emita un bando, apelando ao civismo dos lucenses para que non invadan zonas prohibidas, complicando aínda máis á circulación, e para que non ocupen neglixentemente dúas prazas de aparcamento, tan necesarias como escasas neste momento, inhabilitando unha”.

O portavoz de Lugonovo, Santiago Fernández Rocha, considera que sería convinte ademais incrementar o número de patrullas da policía local que se dediquen a vixiar e corrixir estes comportamentos tendo en conta que só a súa presenza xa suporía unha importante medida disuasoria contra este tipo de proceder abusivo e insolidario.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com