Lugonovo solicita que o Concello se adhira ao ‘VioGén’

A provincia de Lugo ten rexistrados, na actualidade, 465 casos activos de violencia de xénero, un deles en risco extremo. Estes datos pertencen á estatística, con data de 31 de agosto, que a Secretaría do Estado de Seguridade elabora, mensualmente, para informar da efectividade do VioGén, un sistema ao que Lugonovo solicita a súa adhesión.

“Trátase dunha ferramenta de protección, rápida e integral que garante a seguridade das agredidas e dos seus fillos”, refire Cristina Pérez Herráiz. “Unha rede na que teñen cabida tódalas administracións con competencias na materia, como neste caso é o Concello a través da Policía Local. Precisamente, que os seus axentes poidan ter acceso aos expedientes sobre os que o Ministerio de Interior está a realizar xa un seguimento, amplía as garantías e o nivel de vixilancia que se realiza”.

A voceira da formación explica que, entre outros aspectos, VioGén destaca polo seu labor preventivo xa que posibilita a emisión de alertas ou alarmas cando se detecta algunha incidencia ou acontecemento que poida poñer en perigo a integridade da vítima.

“Permite unha intervención directa entre as mulleres e os axentes que se encargan da súa custodia de maneira que poden enviar unha mensaxe ao seu teléfono particular para avisala, por exemplo, de que o seu agresor saiu con permiso penitenciario, de cal é a duración do mesmo ou dos motivos polos que se lle concedeu”, relata Pérez Herráiz.

Cómpre subliñar que dende febreiro de 2017, 313 residentes na provincia dispoñen deste servizo de Detección Automatizada de Risco de Agresións e que 641 contaron, dende o pasado ano, cun plan personalizado que inclúe medidas de autoprotección.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com