Lugonovo solicita que se supervisen os elementos de protección dos xardineiros municipais

Lugonovo pídelle ao goberno local que inste ao servizo de xardíns a cumprir coa normativa en vigor tanto en materia de prevención de riscos laborais como de sanidade vexetal e facilite aos seus traballadores todo o material de protección necesario que están obrigados a utilizar cando usan produtos químicos para combater as pragas que afectan aos espazos verdes da cidade.

A agrupación municipal detectou, esta mesma semana, que algúns dos empregados que operaban con esta finalidade nas rotondas do Ceao non dispoñían de ningún elemento de seguridade que os aillase dunha posible contaminación. “Nin guantes, nin máscara, nin funda, nin tampouco das sinais indicativas que deben instalar na zona para avisar da cometida da actividade”.

Así mesmo tampouco se ten constancia de que a administración desenvolva estas tarefas seguindo unha programación tal e como obriga a regulamentación ao respecto. Un comportamento que de ser advertido e sancionado pola entidade competente podería acarrear multas que superan os 3000 euros.

A falta de precaución nesta materia, subliñan dende a formación, pode supoñer para quen manipula esta substancia problemas graves para a saúde e mesmo ter efectos nocivos no medio ambiente se, debido a algún tipo de escorrentía, os residuos rematan nos cauces fluviais.

Por todo o devandito, os concelleiros e a concelleira de Lugonovo urxen ao executivo a supervisar, sen dilación, a forma na que se están a realizar os labores de sulfatado e a garantir a integridade dos empregados municipais no desenvolvemento das súas obrigas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com