Lugonovo tacha de decepcionante que o Goberno local só executara o 25% das proposicións que levaron ao pleno

O voceiro de Lugonovo, Santiago Fernández Rocha, indicou que “a memoria facilitada aos grupos, no seo da Comisión de Seguimento desta mañá, na que se recolle como avanza a execución das propostas aprobadas, pon de manifesto a escasa vontade do executivo para desenvolvelas”.

Fernandez Rocha calificou de “especialmente significativo que a alcaldesa non asinara a orde que inicia o procedemento para a constitución da Comisión de Control dos Procesos de Contratación, despois de 4 meses desde a súa aprobación”.

O portavoz da formación lembra que esta medida tiña por finalidade posibilitar a  supervisión política dos procesos de adxudicación pública, xa que as concesións constitúen unha parte moi importante da actividade da administración local e son transcendentais para as arcas dos concellos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com