Lugonovo urxe ao Goberno Local a mellorar a xestión municipal

Segundo Lugonovo no Concello de Lugo existe “unha parálise e desorde que xa son as características que marcan, por desgraza, o día a día da xestión municipal”, e pídelle ao executivo local “vontade política e determinación para pór en marcha con celeridade mecanismos de control da xestión dos devanditos servizos, despois de constatar o continuado deterioro actual”.

Lugonovo lembra que foi unha iniciativa súa aprobada en pleno “onde pediamos a avaliación periódica dos servizos municipais creando, para iso, os mecanismos de supervisión e control necesarios. Por desgraza, o escaso seguimento e a deficiente vixilancia séguense a traducir a día de hoxe nunha constatable insatisfacción dos usuarios que se reflicte día a día na opinión pública”.

“Nestas circunstancias, é só do actual Goberno a responsabilidade á hora de garantir que a xestión dos servizos se desenvolva con eficacia e nas mellores condicións para a cidadanía. Por eso consideramos que non se xustifica que a estas alturas non estea en marcha un corpo de inspección que leve adiante un control estricto da xestión de tódolos servizos, tanto en mans públicas coma privatizados”, continúa a plataforma política.

O comunicado conclúe “ademais desta medida, coa que estamos seguros melloraría substancialmente a xestión dos devanditos servizos, seguemos pensando que é ineludible tamén que o executivo tome, dunha vez, decisións valentes na xestión do persoal municipal, auténtico “cuello” de botella para o normal funcionamento do día a día do Concello”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com