Lugonovo valora “positivamente” a medida anunciada pola alcaldesa de Lugo Lara Méndez de impulsar a creación dunha Dirección Xeral no Concello para solucionar os problemas existentes no eido de persoal e para avanzar na creación dunha nova Relación de Postos de Traballo (RTP).
Dende a formación consideran “de grande importancia” que a persoa que ocupe este posto sexa traballador do Concello e, polo tanto, coñecedor de primeira man da situación dos Recursos Humanos na entidade local.
Con todo, dende Lugonovo cren que cómpre levar a cabo “medidas de urxencia” que deben vir seguidas da elaboración dun Plan estratéxico que estableza con claridade “obxectivos e medios” e que leve asociada unha Relación de Postos de Traballo elaborada “co maior consenso posible”.