Lugonovo ve no Goberno Municipal falta de liderado

A plataforma política solicita do executivo local “ unha actuación transparente e unha vontade real de afrontar os temas, e ningún destes aspectos se reflicte a día de hoxe no actual Executivo á hora de afrontar un tema tan medular para o futuro dos e das lucenses como son os presupostos” e proseguen “non comprendemos que estas alturas non haxa en marcha unha mesa de diálogo que estea traballando neste tema”.

Dende Lugonovo, “esiximos un cambio radical nesta forma de facer, xa que non queremos ser cómplices dun executivo que non é capaz de transcender a negativa herdanza dos pasados gobernos socialistas nin afrontar con decisión, buscando só o interese xeral dos e das lucenses, os importantes problemas que ten sen resolver o Concello”, subliñan.

Lugonovo “sempre demostrou o seu interese e aposta polo diálogo e a busca de solucións consensuadas que beneficien á cidadanía, pero este mesmo interese non o apreciamos no actual Goberno”, conclúen.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com