Lugopoética 2024

O próximo xoves, 4 de abril, na sede lucense da Uned, vaise celebrar a terceira das sesións de LUGOPOÉTICA 2024, que organiza Egeria co apoio da Universidade  de Educación a distancia e a Xunta de Galicia

Nesta ocasión van participar as poetas MARÍA XOSÉ LAMAS e BRENDA MONDELO, natural da Terra Chá a primeira, e da montaña de Pedrafita a segunda, en diálogo co Presidente de Egeria, Xulio Xiz.

 

Ámbalas dúas falarán sobre poesía, da súa experiencia como autoras e lerán anacos da súa obra: María Xosé Lamas, xa cunha importante traxectoria e Brenda Mondelo como voz nova que camiña firme polos vieiros da literatura

A xuntanza (que será emitida pola rede da Uned, recollida en diversos espazos en internet e finalmente publicada en libro) é pública e poden asistir todas as persoas interesadas nesta iniciativa.

MARÍA XOSÉ LAMAS (Vilalba, 1961). Profesora, poeta e actriz, ten un importante labor no teatro afeccionado como autora, tradutora, adaptadora e directora, e tamén como pedagoga e divulgadora. En poesía acadou os premios do Concello de Vilalba e Arume de poesía para nenos, tendo publicados títulos como ‘Catro palabras caladas’, ‘Datando lembranzas’, ‘Con Fausto por este río acima’ ou ‘Sonetos preposicionais’.

BRENDA MONDELO (O Seixo, Pedrafita do Cebreiro, 1994). En ‘O espello de Celia’ (Premio Xoán Díaz), conversaba cunha das últimas habitantes da súa aldea, falecida no 2017. Gañou o (Re)inventando Xela Arias e o Lorenzo Baleirón con ‘Neve’, editado por Chan da Pólvora. Participou na obra colectiva ‘Última poesía crítica. Jóvenes poetas en tiempos de colapso’. Escribe sobre as persoas que viviron nun mundo que logra recuperar a través da poesía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com