Lugopoética 2024 na sede da Uned en Lugo

Esta acción a pro da literatura, está promovida por Egeria co apoio da Uned e a Xunta de Galicia, comprende 6 xuntanzas de poetas de diferentes xeracións poéticas, que conversan coordenados por Xulio Xiz, lendo anacos da súa obra. Cos contidos destas sesións poéticas, hase publicar un libro cunha selección da obra dos doce participantes.

Nesta última xuntanza van participar Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero e Francisco Javier Neira Pampín. O acto é publico e difundirase en directo pola rede dixital da Uned, para logo publicarse na Rede, e nas webs de Egeria e Lugopoética24.

Os participantes:

Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero (Vilalba, 1951). Profesor, cantante e escritor. Membro fundador de Fuxan os Ventos e A Quenlla, ten recollido canción tradicional por toda Galicia, e composto música como a de ‘O Carro’, que dan máis vida a poemas fundamentais. Galardoado co Pedrón de Ouro ou Facer País, o seu labor poético está recollido en libros esenciais, e tenlle deparado numerosos premios.

Francisco Javier Neira Pampín (Santiago, 1953). Licenciado en Medicina e Cirurxía e especialista en Uroloxía. Na actualidade, traballa en Polusa (Lugo). É membro da Sociedade Galega e Española de Uroloxía. Cultiva a pintura, a música e a escrita. Ten publicadas cinco novelas e dous libros de poemas: un en solitario -’Vaite baixo’- e outro con Xosé Carlos Ulloa, ‘Nuevo amanecer’.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com