LugoSiradio

LugoSiradio emitirá en directo o día 28 a partir das 20 horas un programa especial das municipais

LugoSiradio Becerreá, emitira mañá día 28 a partir das 20 horas e ata que se saiban os resultados de Lugo Capital e dos concellos máis importantes, un programa especial no que participarán Alberte Rodríguez Feixóo, exdeputado do BNG, Miguel Couto, exconcelleiro polo PSdeG-Psoe no Concello de Lugo, Paco Villanueva, sindicalista da CIG, Paco Nieto, xornalista e Xosé Ramón Penoucos xornalista. O programa sera conducido por Eloi Caldeiro.

Nas cerca de tres horas de emisión, en rigoroso directo,  iranse analizando os resultados que se vaian coñecendo por parte dos convidados, e conectarase con políticos que se presentan a estas eleccións para saber as súas opinións, complementado todo elo con música.

Esta nova acción de LugoSiRadio Becerreá vai ser, sen dúbida,  un fito xa que, se se quere saber todo o que  vai deparar a xornada do 28 de maio en Lugo haberá que sintonizar o 107.4 da FM ou entrando en Xornaldelugo.com e picando no logotipo de LugoSiRadio. Xa que non hai outra emisora que dedique toda a súa programación a Lugo e en tempo real.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Rubén Méndez
    Mai 27, 2023 - 05:17 PM

    Unha boa equipa de tertulianos, con experiencia e moito coñecemento, será un pracer escoitarvos 👍🏻👏🏻

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com