Hoxe remataron as Festas Patronais de Lugo 2018 e a emisora LugoSiradio,quixo poñer o seu broche, realizando un programa especial sobre o san Froilán.
Durante a xornada da mañá pasaron polo stand de Lugo Siradio, entre outros, o escritor e xornalista Xulio Xíz, o gaiteiro Carlos Lorenzo e Suso Eirabella, un dos responsables da empresa de xestión integral Syctus, que foron entrevistados polos condutores do programa da mañá, Gabino Porto e Eloi Caldeiro.
Pola tarde a programación correu a cargo dos presentadores de programas musicais como Roberto de Álvarez e Ruben Cid que, como todos os días de luns a veFestas de San Froilán
nres, programaron temas de hoxe e de sempre, e mesmo deron a oportunidade ao público presente a que escolleran os seus temas preferidos para facelos sonar durante o programa.
A experiencia foi do máis agradable e interesante, tanto para o persoal da emisora como para o público que durante o día se achegou ata o Stand