Na tarde de hoxe, o Club Deportivo Lugo e o técnico Luís César Sampedro, chegaron a un acordo para a incorporación deste último como novo adestrador do primeiro equipo para a próxima tempada.
Luís César (Villagarcía de Arousa, 3 de maio de 1966) chega ao CD Lugo tras unha importante traxectoria en diferentes conxuntos como Racing de Ferrol, Alcoyano, Nástic de Tarragona (co que ascendeu á liga BBVA), ou na etapa máis recente, Albacete Balompé.
Técnico de prestixio e recoñecido método a nivel nacional, conta con ampla experiencia na categoría, e comandará o novo proxecto deportivo da entidade albivermella na próxima tempada 2016/17.
A presentación de Luís César Sampedro terá lugar mañá 17 de xuño, ás 13 horas, no estadio Anxo Carro.