O candidato por En Marea á Xunta de Galicia, Luís Villares, visitou hoxe a Feira de Produtos Artesanais de Samos, e dixo estar alí “para apoiar o comercio local, o comercio de proximidade. Somos conscientes de que existe cada vez máis un maior grado de conciencia de saber quen produce e como se produce, e continuou “os produtos galegos teñen calidade porque sabemos quen os produce e como se producen, polo que queríamos apoiar este tipo de iniciativas”.
A preguntas dos informadores sobre a integración de Podemos na Marea declarou “a decisión política da organización de confluír dentro da Marea Galega é moi positiva”
Tamén á pregunta de que dentro de En Marea hai persoas que semella non se senten a gusto na plataforma política subliñou “eu creo que é consecuencia de estrenar un novo traxe, a confluencia e un traxe que a todos nos parece diferente, pero en canto o probemos todos nos vamos a sentir moi, moi, moi comodos; por que?, porque é un traxe o suficientemente flexible, para que todo o mundo encontre o seu sitio”
Ago 14, 2016 - 10:02 PM
Moi ben, de feira buscando votos