Luis Villares levará ao Parlamento a creación dun plan de conservación arqueolóxica

Transcurrido un día dende que o concello de Lugo aprobase por unanimidade a petición de Lugonovo a declaración de Patrimonio da Humanidade para o conxunto histórico da cidade, o voceiro de En Marea Luís Villares visitou esta mañá cos concelleiros de Lugonovo, Santiago Fernández Rocha e Cristina Pérez Herráiz as instalacións do Vello Cárcere, onde acumulan máis de mil caixas con restos arqueolóxicos.

Villares afirma que constatou todo o camiño que falta por andar para conquerir esa distinción xa que non existe un plan que estableza unha folla de ruta para a conservación adecuada de todos os achados arqueolóxicos.

Esta denuncia do voceiro de En Marea foi seguida polo anuncio de Villares de que trasladará “ao Parlamento de Galicia a proposta de creación dun Plan Director de Conservación Arqueolóxica para todo o patrimonio da cidade”.

Tralas primarias do PSOE, o voceiro sinalou que dende En Marea están dispostos a dialogar co resto das forzas políticas pois o que lles interesa, afirmou, é artellar unha maioría parlamentaria suficiente para constituír unha alternativa ao PP.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com