Luis Villares presenta en Lugo a súa “lista do cambio”

O candidato á presidencia da Xunta por En Marea, Luis Villares presentou esta mañá na cidade de Lugo a lista da formación pola provincia, unha lista chamada a ser di, “a lista do cambio”, xa que, segundo Villares, contén os ingredientes” para desaloxar a Feijóo da Xunta.

O maxistrado en excedencia asegura que o proxecto da formación busca “vertebrar Galicia en clave de país” e apostar pola xustiza social e a recuperación da democracia. A este respecto defende proxectos como a creación dun grupo lácteo galego para axudar o sector lácteo e contrapón este tipo de iniciativas ás levadas a cabo por Feijóo e o Partido Popular.

Neste sentido, Villares acusou a Feijóo de “renegar de Galicia”. “Feijóo dedicouse a renegar de Galicia, escenificando desde o mes de abril que se quería ir de aquí e agora, cansado, vaise sentando de banco en banco, mentres que o único banco no que cremos nós é no que se poda sentar a nosa xente maior”, subliñou o candidato de En Marea.

Ademais, Luis Villares anunciou que a formación “volcará” as súas campañas nas provincias de Lugo e Ourense, por entender que os resultados nelas “van ser definitivos para apuntalar a maioría social” e provocar un cambio de cor na Xunta.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com