O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, e a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez López, o Delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro,o Presidente da Real Academia Victor F. Freixanes, o cronista Oficial de Vivero Carlos Nuevo Cal, xunto a outras autoridades, participaron este domingo no nomeamento de Luz Pozo Garza como filla adoptiva do Concello de Viveiro. O acto, no que se homenaxeu á poeta nacida en Ribadeo e membro da Real Academia Galega, tivo lugar no Teatro Pastor Díaz da cidade viveirense, onde se deron cita decenas de veciños.