Luz Pozo Garza nomeada Filla Predilecta de Ribadeo

A escritora Luz Pozo Garza foi nomeada filla predilecta de Ribadeo nun solemne acto que se desenvolveu no salón de plenos do Concello. Durante o mesmo soaron o Himno do Antigo Reino de Galicia, o Himno Galego e unha habanera interpretada pola Coral Polifónica.
Ademais unha alumna do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo deu lectura a un poema.
Interviñeron o alcalde, Fernando Suárez, para darlle a benvida a Luz Pozo, á Corporación Municipal e ás persoas que a arrouparon coa súa presenza no Concello. A concelleira de Cultura, Pilar Otero, foi a encargada de ler a laudatio á autora ribadense para posteriormente facerlle entrega do diploma que a acredita como filla predilecta de Ribadeo, dun ramo de flores e do pin de Ribadeo.

A homenaxeada agradezeu de corazón a “honra que vostedes me fan, con toda a Corporación Municipal, no momento de nomearme filla predilecta de Ribadeo, a miña terra natal, que medra comigo, vive comigo e morre comigo. Cada vez estou máis convencida de que a morte non existe, pasamos desta vida a outra. Quizás sexa mellor, eu penso que si, pero isto tampouco é nada malo”, sinalou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com