Luz verde á aprobación definitiva das vantaxes fiscais impulsadas polo Concello de Lugo

A Comisión de Contas deu hoxe luz verde á aprobación definitiva no Pleno ordinario do vindeiro xoves 28 do paquete de vantaxes fiscais impulsado polo Goberno para dinamizar o medio rural e contribuír á igualdade de oportunidades dos veciños e veciñas máis desfavorecidos, uns cambios que entrarán en vigor no momento da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e que comezarán a aplicarse o día 1 de xaneiro.

A Corporación aprobou de maneira inicial estas medidas o 26 de outubro e tras a exposición pública non recibiron alegacións as modificacións das ordenanzas referidas á implantación dunha bonificación do 95% no Imposto de Bens Inmobles (IBI) das construccións destinadas a actividades económicas agrarias ou gandeiras pertencentes ao sector primario co fin de dinamizar social e economicamente o rural, así como a exención do copagamento nos casos en que o motivo que orixina esta prestación sexa unha problemática de exclusión social, desestruturación familiar ou pobreza infantil e a matrícula gratis nas materias do Bloque D para o alumnado da Escola Municipal de Música que xa superara os 6 anos de permanencia no centro na súa materia instrumental, e tamén para os que xa estean matriculados en unha ou máis materias de calquera do resto dos bloques.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com