O Concello de Lugo deu luz verde hoxe, na sesión ordinaria da Xunta de Goberno, á licitación do proxecto de construcción dun ascensor de uso público no Sagrado Corazón, cun orzamento duns 252.700 euros e un prazo de execución das obras de 4 meses. O ascensor terá tres paradas para salvar os diferentes niveis: un deles a nivel da praza que dá acceso á igrexa e o outro máis arriba, para enlazar coa cota superior do soportal existente a carón do Salón de Actos do CEIP Sagrado Corazón.
Esta infraestrutura colocarase no punto visual máis achegado á cidade con respecto á Praza, de xeito que se poida observar unha vez que a persoa viandante se vaia achegando ao barrio, cruzando a ponte existente encima das vías do tren.
O ascensor de uso público, que se prevé construír en formato panorámico posibilitanto as vistas dende o interior, terá un sistema de embarque pola porta sur e desembarque pola norte nas paradas segunda e terceira, a nivel da praza da igrexa e a carón do colexio. A comunicación entre ambos os dous desembarcos superiores do torreón realizaranse a través de sendas paralelas.
Na planta baixa prodúcese o acceso ao torreón do ascensor. Nesta área proxéctase ubicar a parada de bus urbano que na actualidade está situada a carón da rotonda de Adolfo Suárez con Serra de Meira. Para elo, a actuación compleméntase coa instalación de mobiliario urbano, conretamente colcoando dous bancos cubertos por unha marquesiña. Haberá tamén un sendeiro peonil adaptado e aproveitarase para realizar unha limitación efectiva do aparcamento de vehículos nunha área de saída de alumnos do colexio.
Estas licitacións publicaranse agora no Perfil do Contratante, tras o que se abrirá un prazo de 20 días naturais para que as empresas presenten as ofertas.
Asemade, o equipo de goberno aprobou a licitación das obras de pavimentación e renovación dos servizos da rúa Pedáneo Xoán Diego. Concretamente, o Concello actuará nun tramo duns 650 metros de lonxitude, emprazado entre a intersección coa rúa Fisterra e a zona da propia Pedáneo Xoán Diego.
As tarefas, cun orzamento de licitación duns 185.000 euros e que terán un prazo de execución de 3 meses, consistirán na renovación da rede existente de abastecemento, cunha antigüidade moi elevada, substituindo a actual por unha nova de polietileno de alta densidade.