LXII edición da proba de piragüismo Travesía de Foz

Foz acollerá o sábado – 15 de xuño-  a 62ª edición da proba de piragüismo Travesía de Foz, organizada polo club Kayak de Foz, que segue sumando edicións como unha das máis veteranas do calendario estatal.

A proba, que puntúa para a Liga Galega, contará este ano coaparticipación de 216 palistas das categorías cadete, xuvenil, sénior e veterano, masculina e feminina, de 20 clubs de Galiza, na grande maioría, pero tamén de Asturias e Madrid. O Club Ría de Betanzos, con 32 palistas e 21 embarcacións, e o Club Náutico de Cobres, con 25 palistas  e 19 embarcacións son os que contarán con maior representación na compe tición, na que tamén tomarán parte os anfitrións, o Club Fluvial de Lugo, o Cidade de Lugo, o Altruan de Ribadeo e o Viveiro Urban Hotel.

Daniel García deputado de Mocidade que participou na presentación  deu os parabéns ao Club Kayak “pola organización dunha nova edición desta cita histórica que demostra a tradición dos deportes de auga na Mariña e en Lugo” e valorou “a contribución destas probas á promoción do deporte, a valorización do noso entorno natural, e ao
dinamismo social das localidades que as acollen”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com