Máis de 100 establecementos de Lugo participarán o día 8 no Street Market

110 establecementos da cidade sacarán o vindeiro venres día 8 de setembro a súa mercancía as rúas da cidade con grandes descontos na XI edición do Comercio na Rúa, Street Market que organiza a Asociación de Autónomas de Lugo. Así o presentou esta mañá no Concello, Marta López, presidenta desta asociación quen asegurou que o comercio lucense “está sufrindo un cambio e estas xornadas de descontos axudan a achegarse máis aos clientes”.

O pequeno comercio é, segundo os datos ofrecidos pola alcaldesa Lara Méndez e a deputada de Economía, Mayra García, ambas presentes no acto, un dos sectores máis importantes da cidade, significando máis do 14% do PIB de Lugo e “dando traballo a máis de 12.500 familias na provincia”, segundo asegurou García, quen engadiu que “tendo en conta todas estas cifras oficiais, cremos que é necesario concienciar á cidadanía sobre a importancia de mercar nos comercios que temos ao pé da nosa casa, que axudan a dinamizar a economía da nosa provincia e de impulsar a compra neles”.

De aí que bolseiros e técnicos da Fundación TIC realizarán reportaxes para recoller o ambiente nas rúas e nos negocios participantes para difundir esta iniciativa. A Deputada sinalou que “coa colaboración da institución provincial e da TIC queremos contribuír a impulsar a vida comercial no centro da cidade. Hai que ter en conta que o sector do comercio da emprego a unhas 12.500 familas da provincia, nos máis de 5.000 establecementos que se distribúen no conxunto do territorio lugués, cunha media de 2,5 persoas traballadoras por negocio”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com