Máis de 100 veciños de Baralla son “discriminados” por non ter acceso a telefonía e internet

O PSOE denuncia que máis de 100 veciños do núcleo urbano de Baralla son discriminados ao non ter acceso a servizos de telefonía e internet porque non hai liñas suficientes para ofrecer a conexión. O voceiro socialista, Jaime González, explicou que existen zonas onde non hai pares libres para poder ter servizo de internet por cable “o que impide cambiar de compañía por medo a perder o acceso por cable a internet, sendo un monopolio de Telefónica-Movistar. Ante esta situación, os veciños afectados por esta carencia vense obrigados a contratar con Movistar servizos que non desexan como por exemplo televisión para poder acceder a tarifas planas de móbiles”.

González lamentou que “a Xunta de Galicia permita á operadora unha clara exclusión que están a sufrir moitos veciños e veciñas de Baralla. Unha vez máis, o Partido Popular defende antes os intereses dunha empresa que os dereitos básicos das persoas. O Presidente Feijóo presume moito de que esta é a lexislatura do rural pero con estas restricións de servizos estase limitando a creación de tecido empresarial no noso Concello e impedindo o crecemento económico en Baralla”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com