A Asociación de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira de Lugo celebrou hoxe a reunión da súa asemblea xeral, na que se trataron asuntos como a presentación e aprobación de contas do ano 2018, o informe e aprobación do orzamento para o ano 2019 ou se analizou a memoria de actividades do ano 2018, entre outros.
Tamén se deu conta de altas e baixas na Asociación, resaltando de forma considerable que durante o ano 2018 o colectivo creceu nun 11 % en canto a asociados, sen dúbida resultado da presenza que ten a mesma no sector, prestando asesoramento especializado e apoio a todas as empresas asociadas que o demandan.
Doutra banda, informouse de distintas iniciativas que está a desenvolver a entidade, que destaca de entre elas a profesionalización do sector a través da formación. Así, promove tanto formación regrada a través da FP Dual, do CM de Aproveitamentos Forestais e do Medio Natural, que se imparte no IES San Rosendo de Mondoñedo, como de CM de Maquinaria Forestal, que se proxecta a súa impartición no IES As Mercedes de Lugo Doutra banda, dentro da formación ocupacional, está a impartirse formación nunha realidade virtual, a través de simuladores forestais de autocargador e procesadora forestal. Na reunión de hoxe fíxose unha demostración do seu funcionamento.
Á súa vez, a Asociación está inmersa nun campaña intensa de divulgación do sector forestal, a través de dous proxectos, un dirixido a alumnos de primaria, “Ou sector forestal: tan próximo coma descoñecido”, e outro, dirixido a IES, e un Programa de Visitas a Explotacións Forestais, para que coñezan de primeira man a actividade. En canto á importancia do sector, expúxose a situación de mercado, cos datos de aproveitamentos madeireiros no ano 2018, que arroxan cifras que remarcan a importancia do sector en Galicia e na provincia de Lugo.
Dentro destes datos, destaca que durante o ano 2018 aproveitáronse máis de 10 M m3 de madeira, supoñendo isto que se incrementaron as curtas en 1,5 M m3 con respecto ao ano anterior. Se se analiza a situación por distritos, o distrito de Mariña segue sendo o que máis madeira procesa. Igualmente, a provincia de Lugo rexistra o maior número de aproveitamentos en montes de xestión pública.
Doutra banda, dentro dos problemas máis perentorios aos que se enfronta o sector, está a falta de man de obra para a incorporación ás empresas, supoñendo isto un hándicap importante que limita o crecemento e expansión das súas empresas. Por último, na asemblea tamén se analizou o Regulamento EUTR e a Dilixencia Debida nas transaccións de madeira, que garantirá a orixe e a legalidade nos aproveitamento forestais levados a cabo en Galicia.