Máis de 200 actividades conforman este o cartel do San Froilán 2016, que hoxe presentaba o Concello. Ademais dos concertos xa anunciados de nomes como Fuel Fandango, Abraham Mateo, Ana Moura ou Bebe; este ano mantéñense as citas tradicionais da festa como o concurso de polbeiros, o desfile de gando ou os fogos artificiais. O pregón, tal como xa fora anunciado, correrá a cargo do xornalista Paco Nieto.
Haberá ademais actividades para os máis pequenos no San Froilán miúdo, pero tamén para os maiores, con orquestras e baile. Como novidade, este ano haberá un día adicado ao Camiño primitivo, o 11 de outubro, onde visitarán a cidade persoas especialmente vinculadas a este camiño.
O Concello agarda conseguir un “cheo histórico” nestas festas, superando mesma a cifra do 2015, cando se achegaron a cidade uns 570.000 asistentes que deixaron na cidade máis de 11,5 millóns de euros. Deste xeito, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, avanza que nalgúns hoteis da cidade están xa completos. “Intentamos facer unha reserva no gran hotel e foi imposible”, confesou.
Polémica coas casetas
Sobre a polémica pola instalación das casetas do polbo, Lara Méndez volveu defender a legalidade das bases do concurso, pese as declaracións do avogado dos hostaleiros lucenses nas que advertía de posibles ilegalidades que permitirían declararlo nulo.
Precisamente esta mañá comezaba a instalación dunha das dúas casetas que gañou Bruxa Consulting. Lara Méndez sinala que se están cumprindo os prazos con normalidade.