Este domingo celebrouse en Lugo o XXVIII Triatlón do Miño que organiza o Club Triatlón Cidade de Lugo Fluvial, o evento conta coa colaboración da Deputación Provincia e o concello de Lugo.
A proba desenvolvese por varios lugares emblemáticos de Lugo como o Río Miño, a Muralla, e o Camiño Primitivo. O acontecemento, afianzado no panorama galego e nacional, congregou nesta edición mais de 200 deportistas contando ca presenza da delegación de deportistas mexicanos. Ao longo de toda a mañá celebrouse un Nada e Corre non competitivo para os máis pequenos, unha proba popular e a proba oficial, clasificatoria para o Campionato Galego. O Tríatlon do Miño disputouse sobre a distancia sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de bicicleta e 5 quilómetros de carreira a pe), con saída e primeira transición na área creativa de Os Robles, mentres que a segunda transición e a meta tiveron lugar na Praza Maior de Lugo.
Ademais, celebrouse unha popular (distancia sprint) con máis de 40 participantes, así como un Nada e Corre non competitivo para as categorías benxamín, alevín e infantil. As distancias foron 150 metros de natación e 500 metros de carreira a pé.
Ao evento acudiron, entre outros, o concelleiro e portavoz do equipo municipal Miguel Fernández e o Deputado Provincial Pablo Rivera Capón, quen subliñou que “o Triatlón do Miño é un elemento de promoción dun dos nosos patrimonios da cidade, e da provincia, ademais de ser un exemplo do bo facer, xa que esta proba, que se celebra xa por 27ª vez, é un reclamo para deportistas de todos os puntos da xeografía galega”.