Máis de 2000 firmas en 24 horas piden un Lugo anti-touradas

A Asociación Animalista Libera cultivou xa 2154 sinaturas en menos de 24 horas, para a súa iniciativa que propón a declaración de Lugo como municipio libre de corridas de touros, unha moción simbólica que apoiaría o “proceso abolicionista” que iniciaron animalistas e activistas abolicionistas na comunidade.

Agora son 12 os municipios galegos que se declaran antitaurinos, entre eles Ourense, moitos máis que os que aínda albergan festexos taurinos no territorio, e a eles sumouse recentemente a Deputación da Coruña, que logo de aprobar unha moción no Pleno da corporación converteuse na primeira administración provincial de España en sacar adiante un texto.

A moción que trasladaron os animalistas a algúns grupos municipais para a súa revisión inclúe varios puntos de acordo. En primeiro lugar reflicte o hipotético compromiso do Concello de Lugo por non patrocinar corridas de touros nin ceder medios públicos para tal fin, así como non posibilitar a colocación de publicidade protaurina en mobiliario público, e en segundo lugar reclamaría á Xunta de Galicia que inicie os trámites para abolir a tauromaquia en todo o territorio galego.

Neste senso, dende a Asociación Animalista Libera esperan que unha maioría de edís facilite o soporte á iniciativa e para iso tamén se apoian na petición que suma centos de rúbricas a favor de declarar Lugo como un novo municipio antitaurino. Dase a circunstancia que xa o pasado ano o pleno sacou adiante unha moción do colectivo na que se reprobaba o uso de animais en espectáculos circenses, e referendaba o compromiso municipal a non permitir a súa instalación no termo lucense.

As estimacións dos defensores dos animais calculan que unha suma segura de socialistas, Lugonovo, BNG e ACE (14) faciliten a aprobación da proposición e por elo a iniciativa cidadá aloxada na plataforma Change.org diríxese ao grupo popular e ao PSOE, as formacións que terían a “chave”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com