Máis de 25 países participarán no Torneo Feminino de Golf de Auga Santas

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde; o Presidente da Federación Galega de Golf, Daniel Fernández Fernández; o Director Xeral de OCA Hotels; Ramón Braña Cobas; e o Delegado Territorial da Xunta de Galicia, Jose Manuel Balseiro, presentaron este xoves no Pazo de San Marcos o VI torneo LETAS Ribeira Sacra Patrimonio de la Humanidade Internacional Ladies Open. O Goberno da Deputación destina 12.000 euros á celebración deste proba deportiva que reunirá, entre os días 4 e 6 de xullo no campo de golf de Auga Santas, a máis de 130 golfistas profesionais. Trátase do único torneo do Circuíto Europeo Feminino que ten lugar en España. A entrada ás 3 xornadas de competición é totalmente gratuíta.

Vidal Baamonde destacou que “dende o Executivo Provincial colaboramos con esta cita deportiva porque consideramos este torneo unha oportunidade para impulsar o turismo e a economía desta zona da provincia, dentro da nosa aposta porque a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Estamos falando dun evento de dimensión internacional, pois participan xogadoras de máis de 25 países dos 5 continentes do mundo, xerando un volume de negocio de máis de 300.000 euros durante toda a semana. Sen dúbida, este torneo de golf é unha gran oportunidade para amosar ao mundo o patrimonio natural, paisaxístico e a gastronomía coa que contamos no entorno da Ribeira Sacra”.

Balseiro sinalou que a proba tense convertido nunha proposta consolidada “capaz de atraer a un público esixente que busca destinos de calidade”, e considerou un acerto vinculalo á candidatura da Ribeira Sacra ante a Unesco porque “combina as oportunidades de gozar do golf e dunha magnífica contorna”.

Pola súa parte, o Presidente da Federación Galega agradeceu á Deputación a implicación para que este torneo se poida celebrar e subliñou que “o golf é un deporte fundamental para o turismo pois xera en toda España máis de 2.000 millóns de euros”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com