Máis de 300 asociacións recibirán axudas para realizar actividades culturais

A Xunta de Goberno da Deputación, aprobou este mércores a concesión de 332 axudas para asociacións culturais para a realización de actividades de interese cultural durante a anualidade 2019. Trátase de subvencións de concorrencia competitiva que benefician ao tecido asociativo de 54 concellos da Provincia.

O programa esta dotado cun orzamento de 280.000 euros, que se divide entre as asociación baseándose en criterios como o  grao de consolidación das actividades e o seu interese, pero tamén baremos sociais como o fomento da igualdade, a inclusión de persoas con capacidades diferentes ou o grao de dispersión territorial. As entidades reciben axudas que van desde os 400 ata os 1.300 euros.

Trátase dunha das liñas máis importantes para a dinamización do tecido cultural, pois entre as actividades subvencionadas atópanse festas populares, como o entroido, magostos e feiras; viaxes culturais, publicacións de libros e revistas; concertos, teatro, clases de música e manualidades, ou festivais con gran implantación na Provincia como son o Festival da Chaira ou o Festival de Pardiñas.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Dec 11, 2019 - 03:57 PM

    Manda caralho, terminando o ano e teñen os collo…. De conceder agora as subvencións. Non entendo nada nin EU ni ninguén con dous dedos de frente

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com