Máis de 40 mareas reuniránse hoxe en Compostela

Unhas corenta mareas, entre elas a lucense Lugonovo, reuniránse esta tarde en Santiago de Compostela co obxectivo de tomar contacto e impulsar o diálogo entre as propias mareas e as candidaturas cidadáns, co fin de poñer en común a súa visión sobre a realidade política e iniciar o traballo para estimular unha candidatura ós comicios estatais na que a cidadanía sexa a protagonista.

Os convocantes, Lugonovo, Betanzos Novo e a Marea de Noia, consideran que é imprescindible aproveitar a experiencia e os coñecementos obtidos durante as pasadas eleccións municipais para conseguir que haxa unha representación galega no Congreso.

Os portavoces das tres organizacións sinalan ademais que, tendo en conta o panorama electoral que se descubriu no pasado mes de maio, “as mareas son as máis lexitimadas para traballar, dándolle protagonismo á cidadanía aínda que sen discriminar a ninguén e buscando a integración posterior de partidos e plataformas”.

As conversas mantidas hoxe servirán para constituir unha comisión que programe o calendario e a metodoloxía de traballo cara esa confluencia contando con todo o mundo que se queira sumar dende os diferentes eidos da sociedade e baixo a premisa da defensa dos intereses da cidadanía de Galicia.

O encontro será ás cinco da tarde, no Salón Circular do Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com