Máis de 430 viaxeiros gozaron durante a ponte as rutas de catamarán da Deputación

Máis de 430 persoas realizaron algunha das dúas rutas fluviais en catamarán que oferta a Deputación de Lugo na Ribeira Sacra durante a ponte das Letras Galegas. Estes percorridos, que percorren os leitos dos ríos Miño e Sil, convertéronse nun atractivo turístico para os visitantes a este territorio. A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, informou deste datos, que cualificou como “moi positivos, tendo en conta a situación sanitaria que limita os aforamentos das embarcacións á metade. Ademais, as reservas indican que a tendencia da temporada vai ser moi boa”.

No conxunto da temporada, as rutas fluviais da Deputación de Lugo contaron con máis de 2.500 viaxeiros e viaxeiras, que escolleron estas alternativas provinciais que contribúen a dinamizar a economía en sectores como o hostaleiro, o turístico ou o comercial e promove un turismo de calidade e non masificado polo que aposta a institución provincial.

García Porto tamén adiantou que na actualidade hai unhas 1.700 reservas para toda a temporada, que se prolongará ata o mes de decembro. “Dende o comezo das viaxes estamos percibindo un cambio de comportamento no público, que agora fai plans a curto prazo e decide con menos antelación que facer no seu tempo de lecer, incrementando a reservas nos catamaráns nos días previos a facer a viaxe”, concreta a Deputada.

Este ano a temporada botou a andar na ponte de San Xosé, adiantando unhas semanas o comezo das rutas, que sempre cadraba coa Semana Santa. “As rutas fluviais favorecen á proxección da Ribeira Sacra no ano no que esta paisaxe cultural única está chamada a ser declarada Patrimonio da Humanidade, e son unha boa maneira de promocionar o noso territorio a través do turismo de calidade, proximidade e non masificado. O visitante busca alternativas ao aire libre, en plena natureza e seguras, como a que ofrece este servizo da Deputación de Lugo”, destacou a Deputada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com