Mais de 60 participantes no Taller sobre Producións non Madeireiras e a IV Xornada de iniciación á Micoloxía

A Deputada de Medio Ambiente Sonsoles López, inaugurou este sábado na Estación Científica do Courel o Taller de producións non madeireiras do Monte organizado pola Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica, e IV Xornada de iniciación á Micoloxía, que organiza a Estación científica do Courel da USC. Fíxoo xunto ao Director da Estación Científica, Antonio Rigueiro Rodríguez, e o Coordinador do Taller, Xan Neira Seijo. O organismo provincial colabora coa Universidade de Santiago de Compostela para a celebración deste tipo de actividades durante todo o ano, cunha achega económica de 50.000 euros.

O evento, no que participan persoas de toda Galicia, comezou cun relatorio sobre sistemas silvopastorais, a cargo de María Rosa Mosquera Losada, profesora da USC na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC. A continuación, o enxeñeiro de Montes Abel Yáñez Armesto guiou unha aproximación ao mundo da apicultura, e a continuación , Rosa Romero e María Belén Díaz Hernández da USC. falaron de plantas medicinais e froiteiras arbustivas

Os froitos e as sementes das árbores, os cogomelos comestibles e os cogomelos tóxicos son outras das cuestións que abordaron neste foro os profesores da USC Santiago Pereira Lorenzo e Antonio Rigueiro Rodríguez, ademais do presidente da Sociedade Micolóxica Lucus, Julián Alonso. Pola tarde, as persoas interesadas participaran nunha saída guiada ao monte para identificar e recoller cogomelos.

 Obxectivos

Os obxectivos desta xornada son introducir aos asistentes no mundo da macromicoloxía; que coñezan as especies máis importantes de cogomelos comestibles e velenosos; que os profesores utilicen os recursos que ofrece a macromicoloxía nas súas actividades docentes; e sensibilizar en relación coa importancia do aproveitamento sostible deste recursos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com