Máis de 700 persoas visitaron a exposición “Mans de Ferro” na capela de Santa María

A exposición Mans de ferro, centrada na figura dos ferreiros e nas súas distintas xeracións, espertou un importante interese, atraendo á Capela de Santa María no seu primeiro mes de apertura a máis de 700 persoas.

Esta mostra, a primeira da Capela neste 2015, reúne unhas 150 pezas elaboradas por 31 artesáns da provincia, o maior de 93 anos e o máis mozo de 32, así como de 2 afiadores.
A maiores, inclúe un recoñecemento ás mulleres dos ferreiros, partícipes do seu traballo.

Entre as pezas que se poden ver, atópanse fouciños de hai preto de 60 anos, un dos instrumentos de labranza que os ferreiros lugueses vendían aos agricultores de Castela para segar o trigo, así como coitelos ou navallas de diferentes tamaños.

Ás pezas expostas acompáñaas unha fotografía do ferreiro creador, todas elas realizadas por José Salgado, un dos comisarios da mostra.

A exposición poderase visitar ata o 1 de marzo nos horarios habituais da sala.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com