A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, deron o pistolezo de saída as categorías infantís da primeira carreira Diversicorre Run Color, unha carreira que cumpre unha dobre función, realizar unha actividade lúdica deportiva e reivindicar a diversidade e a igualdade de oportunidades.
O Deputado de Promoción Económica e Social, Álvaro Santos, tamén se achegou á Praza Maior, dende onde partiu esta carreira pioneira en Galicia, organizada polas asociacións Arelas, Alucem Lugo e As Quetas, coa colaboración do Concello e na que participaron máis de 750 persoas.